
Un home resultou ferido no concello pontevedrés de Nigrán logo de sufrir unha caída nunha zona rochosa, en Chandebrito, no miradoiro de Monte Alba.
Foi a súa muller quen, ás 19:45 horas deste domingo, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba que o seu marido caera nas rochas e que necesitaba axuda para sacalo do lugar onde caera.
A partir de aí, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros do Porriño, dos membros do GES de Val Miñor, da Garda Civil e da Policía Local.
Unha vez no punto, os membros do GES confirmaron ao 112 Galicia de que, finalmente, rescataran á persoa dun lugar de difícil acceso.