O Concerto Vibra Mahou de Depedro pecha o cartel do Barbeira Season Fest

O Barbeira Season Fest de Baiona pecha a súa programación desvelando un dos seus segredos mellor gardados: o Concerto Vibra Mahou deste ano. Depedro, que chega a Baiona da man de Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas que crea encontros en torno ao directo, será o encargado de redondear un cartaz con máis de 25 grupos -consolidados e emerxentes- que se subirán aos distintos escenarios que a organización distribuirá por distintos lugares de Baiona, entre o 31 de agosto e o 4 de setembro.

Co Concerto Vibra Mahou de Depedro, o Barbeira Season Fest, co músico Pablo Novoa encargado da súa dirección artística, consolídase como un dos grandes festivais galegos no que a aposta por cruzar bandas consolidadas con grupos que están a buscar o seu sitio no panorama estatal, é un dos seus claros obxectivos.

O programa

Deste xeito, o mércores 31 o Barbeira dará comezo con contidos sorpresa, a xeito de presentación. O xoves día 1 se subirá ao escenario León Benavente, Carolina Durante, Bala, Anabel Lee e Señora DJ. O venres día 2, terá lugar o Concerto Vibra Mahou de Depedro e, ademais, será a quenda de La Habitación Roja, Morreo, Diamante Negro, Emilia, Pardo y Bazán y DJ Moderno.

Para o sábado 3, a organización programou un dos cartaces máis completos con Zahara, Maika Makovski, a portuguesa Capicúa e as bandas emerxentes, Cora Yako, Miniño, Estrella Fugaz, Tú peleas como una vaca, Marta Movidas, DJ Moderno e EME DJ.

O domingo día 4, para pechar esta edición, celebrarase a “Romaría Punk”, comisariada por Rei Zentolo, cunha selección de grupos galegos e algunha sorpresa importante.

Prezos rebaixados

Agora que o público xa coñece o cartaz por días do festival, pode mercar na súa web as entradas por xornada, a 25 euros, ou o abono para desfrutar da “experiencia Barbeira” na súa totalidade (45 euros). Ademais, todas as persoas usuarias do Carné Xove poderán mercar as entradas ao Barbeira Season Fest cun 15% de desconto.

O Barbeira Season Fest conta co patrocinio da Xunta de Galicia, no marco do Xacobeo 21-22, e a colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Baiona e Vibra Mahou.