
O Concello de Gondomar, en colaboración con 14 entidades deportivas, presentou un ano máis os seus campus deportivos de verán. Haberá unha moi ampla e variada oferta de disciplinas deportivas. Así os nenos e nenas de Gondomar poderán practicar as seguintes disciplinas deportivas durante o período estival:
- Baloncesto. Do 15 ao 19 de agosto. De 8 a 13 anos – Club Baloncesto Baiona.
- Tenis. Do 22 ao 26 de agosto. De 4 a 16 anos – Club Tenis Gondomar.
- Tenis de Mesa. Do 4 ao 8 de xullo. De 6 a 16 anos – Agrupación Deportiva Vincios.
- Fútbol 1. Do 11 ao 15 de xullo. De 5 a 14 anos – Gondomar F.B.
- Fútbol 2. Do 4 ao 8 de agosto. De 4 a 14 anos – Gondomar C.F.
- Fútbol Feminino. Do 18 ao 22 de xullo. De 5 a 15 anos – Lóstrego C.F.
- Fútbol Gaélico. Do 22 ao 26 de agosto. De 9 a 17 anos – Club Turonia.
- Fútbol Sala. Do 27 de xuño ao 1 de xullo. De 6 a 12 anos – Abetos Gondomar C.F.
- Patinaxe Artística 1. Do 1 a 7 de xullo. De 7 a 17 anos – Club Patinaxe Gondomar.
- Patinaxe Artística 2. Do 1 ao 5 de agosto. A partir de 4 anos – C.D. Eixo.
- Ximnasia Acrobática. Do 8 ao 12 de agosto. De 6 a 14 anos – Gondomar Acro Club.
- Bolos Celtas. Do 26 ao 30 de xullo. De 7 a 15 anos – Club de Bolos Gondomar.
- Judo. Do 8 ao 12 de agosto. De 6 a 14 anos – Federación Galega de Judo.
- Xadrez. De 6 a 16 anos. De 10 a 14 horas.
Para información e inscricións os interesados poderán dirixirse á Concellería de Deportes. Teléfono 986360305, e-mail deportes@concellodegodomar.gal ou directamente aos clubs colaboradores.
Paco Ferreira subliñou que “con esta ampla oferta deportiva Gondomar converterase nunha das capitais de Galicia do deporte base, xa que a educación a través do deporte é unha das máis firmes apostas deste goberno”. O alcalde quixo “agradecer a colaboración de todas as entidades deportivas que fan posible estes campus deportivos”, e puxo en valor o seu “gran traballo en favor do deporte de base”.
Así mesmo o rexedor local comprometeuse a “seguir ampliando a oferta deportiva de Gondomar coa incorporación nos próximos anos de máis disciplinas deportivas”.