A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Baiona informa da apertura do prazo, desde hoxe mesmo 2 de xuño e ata o día 20 (ambos os dous incluídos), para solicitar autorización para os particulares que queiran realizar fogueiras o día de San Xoán.
As persoas interesadas terán que realizar as solicitudes a través do rexistro xeral de entrada do Concello de Baiona en horario de 09:00 a 13:00 horas para o que é necesario solicitar cita previa no teléfono 986356779. Tamén se poderá realizar a solicitude a través da sede electrónica da páxina web municipal http://www.baiona.gal.
Na folla de solicitude deben indicar unha serie de datos persoais, como nome da persoa solicitante, DNI, teléfono… así como indicar a localización na que se realizará a fogueira.

