Contacontos para nenos e nenas desde 3 anos na Biblioteca de Baiona

O vindeiro mércores, 8 de xuño, ás 18:00 horas, o Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal de Baiona acollerá unha nova sesión de contacontos baixo o título “U-la Lúa?”. Unha historia sobre a igualdade onde a violencia non ten cabida e a ilusión fai dos soños unha realidade. A gatiña Lúa non ten irmáns e a avoa non lle deixa saír fóra, mais ela soña con viaxar, coñecer novos lugares e ter amigas para xogar. Cando logra saír atópase cun gato que tamén intenta impedirlle que realice os seus soños, pero Lúa di NON, porque ninguén ten dereito a destruír os seus soños e ilusións. Unha proposta escénica baseada no conto de Lúa e dirixida ao público familiar con monicreques de mesa e música en directo. Esta actividade está ideada para nenos e nenas desde 3 anos, polo que deberán ir acompañados por unha persoa adulta. Para participar no contacontos é necesaria a inscrición previa no Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal do Concello de Baiona ou no 986 35 59 43.