Recollida e limpeza de residuos na Praia de Santa Marta

O Concello de Baiona e o Baíña Fútbol Sala, co gaio do Día do Medio Ambiente, realizarán unha recollida e limpeza de residuos na Praia de Santa Marta. Será este sábado 4 de xuño ás 10:00 da mañá. Os interesados en participar na actividade deben presentarse na praia á hora sinalada.