Sin categoría

A Garda Civil solicita colaboración para localizar ao condutor que ocasionou un accidente na A-52

O pasado sábado día 28 de maio, sobre as 16:45 horas, á altura do km. 302 da autovía A-52 (Benavente-Porriño), sentido O Porriño, termo municipal do Porriño, un vehículo turismo que se incorporou á mesma procedente da estrada N-120 (lugar denominado como Alto do Confurco), interceptou a marcha dunha motocicleta que circulaba na mesma dirección, e impactou coa mesma de forma lateral, provocando unha saída de vía da moto que acabou chocando contra o valo da mediana.

O condutor do turismo continuou a marcha sen auxiliar ao condutor da motocicleta, que resultou ferido grave sendo evacuado a un centro hospitalario. Polo equipo de Atestados do Destacamento de Tráfico da Garda Civil do Porriño, xunto co equipo GIAT (Grupo de Investigación e análise de Tráfico) de Pontevedra, realízanse xestións para a localización do condutor causante do accidente.

Ademais, solicítase a colaboración cidadá, para localizar e identificar a este condutor. Para achegar calquera dato o teléfono de contacto é o 626683730.