A Asociación Cultural e Social de Baíña recibe dous cursos da Deputación de Pontevedra

A Asociación Cultural e Social de Baíña recibe dous cursos da Deputación de Pontevedra. Un sobre memoria para persoas de máis de 50 anos e outro de plantas medicinais. Ambos cursos se impartirán na escola do Burgo e terán un prezo simbólico, 7 euros todo o curso, ao ser financiados pola Deputación o custe é tan reducido.

A data de comezo está prevista para setembro, ao igual que o resto dos cursos da asociación como ximnasia para maiores, pilates, baile para nenos e nenas, cómic e ilustración, linguaxe signada, gaita, percusión, guitarra e os novos cursos que a directiva está a preparar para o vindeiro curso.

Estes cursos financiados pola Deputación poden ser unha gran oportunidade para os veciños da parroquia ou arredores de poder realizar actividades a un prezo moi alcanzable e cuns mestres moi preparados.