O baloncesto sae á rúa en Baiona

Como cada ano o Club Baloncesto Baiona Torvigo organiza as Xornadas de Portas Abertas, unha iniciativa para animar aos nenos e nenas a probar e desfrutar duns días de adestramentos onde poderán integrarse cos grupos da súa idade. Ademais de poder participar nos adestramentos do Club durante todo o mes de xuño sen custo algún, o Club organiza dous días de “Basket na Rúa”, o 2 e 10 de xuño ás 18:00 horas, para nenos/as de 8 a 12 anos, onde se realizarán distintos xogos e competicións de baloncesto no Parque da Palma para dar a coñecer este marabilloso deporte. Para máis información poden poñerse en contacto nas redes sociais do Club Baloncesto Baiona, no Pavillón Municipal de Baiona ou no teléfono 676168987.