Sin categoría

Gondomar abre o prazo para a solicitude das fogueiras de San Xoán

O Concello de Gondomar vén de publicar na súa páxina web os requisitos para a celebración no termo municipal de fogueiras de San Xoán, sardiñadas ou calquera outra actividade na que se faga lume, tanto na vía pública como en leiras privadas, de acordo coa lexislación vixente.

Os interesados en realizar fogueiras deberán cubrir o impreso descargable na páxina web e entregalo xunto coa documentación requirida no rexistro xeral do Concello. Enlace web: https://concellodegondomar.gal/requisitos-e-solicitudes-para-as-foguerias-de-san-xoan-2022/