Continúa en Nigrán o ciclo musical “Redeiras” co concerto de Sabela Cereijo

O Concello de Nigrán, con motivo do mes no que se conmemoran as Letras Galegas, continúa este sábado 28 de Maio (Auditorio Municipal, 20:00 horas) o ciclo musical “Redeiras” co concerto de Sabela Cereijo. O obxectivo é visibilizar proxectos do eido musical liderados por “Elas” porque “ELAS cantan, elas recitan, elas compoñen… elas constrúen, vertebran, crean… elas tecen a sociedade”.

Sabela Cereijo é unha das máis recoñecidas cantantes do panorama musical galego e que transcende as nosas fronteiras. Voz de musicais (Hoy no me puedo levantar… ) e numerosos grupos e espectáculos (Cherry Sweet…), agora decide amosar da man do produtor, Isaac Garabatos, o seu traballo máis persoal e íntimo con “Siguiendo el juego”. Un disco de corte pop, elegante e coidado, cheo de enerxía e emoción e onde deixa fluír as súas influencias soul.