Teatro benéfico en Gondomar a favor da Fundación Anemia de Fanconi

Con 11 anos de percorrido, cinco obras montadas para representar sobre os escenarios, skecths publicados na internet, colaboracións en curtametraxes, aniversarios e demais eventos, o Grupo de Teatro Afeccionado “A Moura” do Centro Cultural “A Merced” de Chaín retoma a actividade despois destes anos de parón forzoso.

O sábado 4 de xuño organiza unha función benéfica a favor da Fundación Anemia de Fanconi, ás 20:30 horas no Auditorio Lois Tobío de Gondomar. Presentarán a súa nova obra de creación propia, “O vestido de noiva”, posta en escena por primeira vez o pasado sábado no Centro Cultural. Trátase da súa segunda obra completa tras “Polos pelos”. O prezo da entrada é de 3 euros, e están á venda no teléfono 640 606 643.