
O Concello de Baiona, a través da Concellería de Vías e Obras, está a reparar o pavimento afundido na Rúa Ramón y Cajal, na zona próxima ao acceso do paso de peóns da Praia Ribeira. Os operarios municipais, tras levantar o pavimento de pedra e revisar o estado da cimentación, están a reforzar e mellorar o soporte para colocar de novo as pezas de pedra do firme. Continuando aos traballos levados a cabo na Rúa Elduayen, co obxectivo de solucionar de maneira definitiva os problemas aos comercios e veciñas e veciños da zona.