A Garda Civil atopa a un mozo ebrio entre unhas herbas en Sabarís

Unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil do Porriño auxiliou na mañá deste sábado a un mozo que atoparon tombado nas marxes da estrada PO-552 (Km. 13), en Sabarís, no municipio de Baiona. O mozo, que aparentemente se atopaba nun avanzado estado de embriaguez, foi evacuado polas asistencias sanitarias.