Un home foi localizado inconsciente á beira dun patinete en Nigrán

Un viandante atopou a un home inconsciente á beira dun patinete. Ocorreu ás 23:30 horas na estrada que une Vigo con Baiona, no cruce de Panxón, en Nigrán.

O 112 Galicia recibiu información sobre este suceso a través dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que estaban de camiño para atender á persoa, cun forte golpe na cabeza. Tras os primeiros coidados, a persoa recuperou a consciencia e foi evacuado ao Hospital Povisa de Vigo, iso si, con lesións importantes.

Pola súa banda, os axentes da Policía Local, que foron avisados desde o 112 Galicia, enviaron unha dotación ao lugar para tratar de aclarar as circunstancias do suceso, así como o estado real do condutor do patinete. A persoa que o localizou descoñecía se as lesións que presentaba o ferido eran produto dun accidente ou dunha caída.