Podemos Nigrán renova a súa dirección municipal

Podemos Nigrán renova os cargos do seu equipo de coordinación municipal, sendo a súa nova voceira Lucía Chamorro Figueroa, candidatura validada pola militancia de xeito unánime.

O seu equipo técnico contará con diversas delegacións:

  • Alejandro Días responsable de animalismo e medio ambiente.
  • Antía Fernández responsable de coordinación interna, xuventude, educación e cultura.
  • Catalina Costas responsable de participación cidadá.
  • Marcos Costas responsable de deportes.
  • Yara Gómez responsable de servizos sociais.
  • Xoán Álvarez responsable de emprego e vivenda.
  • Dámaris Sánchez responsable LGTBI.

O grupo dinamizador do Círculo está constituído por Marcos Costas como enlace territorial, Catalina Costas como enlace de comunicación, Yara Gómez como enlace de feminismos e Antía Fernández como enlace de organización e finanzas.

“A nosa motivación e obxectivo é mellorar a vida da nosa veciñanza, por iso continuaremos coa liña de traballo dos últimos anos, escoitando e defendendo os intereses da cidadanía”, manifesta a nova voceira, Lucía Chamorro Figueroa.

Así mesmo, a responsable de organización e finanzas, Antía Fernández, engade que “temos unha dirección composta na súa maioría por mulleres, número que vese aumentado co número de novas militantes, o que demostra que a feminización da política está a medrar e vén para quedarse”.