O Baíña Fútbol Sala abre as portas dos seus adestramentos o que queda de campaña

O Baíña Fútbol Sala abre as portas dos seus adestramentos o que queda de campaña. Nenos e nenas dende os 4 ata os 18 anos. Un club que conta con equipos en todas as categorías e un primeiro equipo masculino e outro feminino.

Se abren os adestramentos o que resta de mes de maio e todo xuño de forma gratuíta para todos os que queiran probar este deporte tan apaixonante e que tan de moda está nos últimos anos, xa que dota aos máis pequenos dunha gran técnica individual.

O club conta con adestradores titulados, seguros e participa en competicións oficiais e torneos. Para acudir é imprescindible contactar co coordinador do club Daniel Álvarez no teléfono 617 90 27 30.