Prisión sen fianza para o octoxenario de Nigrán que atacou cun coitelo a un veciño

O Xulgado de Instrución Número 7 de Vigo decretou este xoves o ingreso en prisión comunicada e sen fianza do home de 86 anos que foi detido a noite do mércores en Nigrán despois de que agredise cunha arma branca a un veciño. Está a ser investigado como presunto autor dun delito de homicidio en grao de tentativa.

Os feitos tiveron lugar sobre as 21:30 horas deste mércores na Ramallosa e a vítima, un home de 67 anos, tivo que ser ingresado no Hospital Álvaro Cunqueiro con feridas en ambos os dous brazos, cos que tratou de protexerse da agresión, e nun dedo, segundo a Garda Civil.

O Instituto Armado encargouse de deter ao agresor, que foi posto a disposición xudicial este xoves pola mañá. A orixe da disputa entre ambos se debeu, presuntamente, a que a vítima estaba a usar auga comunitaria para lavar a súa caravana, o que lle foi recriminado polo seu agresor.