O Multiusos de Sabarís acolle a presentación do libro ilustrado “Camiño Portugués da Costa”

O Multiusos Mercado de Sabarís acolle este venres ás 19:00 horas a presentación do libro ilustrado de Hércules Ediciones “Camiño Portugués da Costa” coa presenza dos seu autores, Noelia Muíños e Ramón Quintas.

Personaxes célebres, festas tradicionais, monumentos, ingredientes máxicos da gastronomía galega e o Apóstolo Santiago agóchanse nestas páxinas.

Dende o popular ¿Onde está Wally? de finais dos 80, pequenos e maiores están fascinados pola diversión dos libros de buscar e atopar. En Europa hai moitos artistas que se veñen dedicando á realización deste tipo de ilustracións que se coñecen en Alemaña como “Wimmelbuch”. Ali Mitguscht e Anne Suess son algúns dos referentes deste tipo de libros. Un clásico que segue a cautivar a todas as xeracións por moito que pasen os anos.

O libro conta con ilustracións das poblacións do Camiño Portugués da Costa onde hai un ir e vir de persoas, accións, vehículos, edificios, etc. Mentres se observan os debuxos poderanse buscar e atopar diferentes persoas, personalidades importantes da zona, monumentos… e descubrir en cada mirada unha nova historia. Percorrerase o Camiño a través das paisaxes de cada localidade e descubriranse as diferentes personalidades relacionadas con estes lugares. Algúns exemplos: un castrexo na Guarda, o trovador Mendiño en Redondela ou o loro Ravachol en Pontevedra. En cada parada do Camiño agóchase ademáis o Apóstolo Santiago.