O Concello de Nigrán desminte por completo que exista ningún tipo de trato discriminatorio contra o CEIP Mallón e amosa a súa sorpresa polo comunicado atendendo ás seguintes razóns:
– O Concello investiu 15.000 € para realizar a medidados do ano 2020 unha pista deportiva no CEIP Mallón, tal e como pedira este centro, e pese a entender que é unha responsabilidade da Xunta. Esta realizouse ao mesmo tempo que a do CEIP da Cruz, en Camos. Sen embargo, mentras no CEIP da Cruz a pista está en perfectas condicións, en Mallón, seguramente pola ubicación sombría da mesma, foise deteriorando e presenta problemas de humidade e a empresa asumirá o arranxo. O Concello xa comunicou hai semanas á ANPA e dirección que é preciso agardar a que estea o máis seca posible para que a empresa poida sometela a un tratamento específico que o solucione definitivamente, acción que se pretende realizar este mes (como xa se acordou coa empresa e a dirección do centro).
– O CEIP Mallón dispón actualmente de conserxe nas mesmas condicións do CEIP de Cruz en Camos, con carácter provisional, e atendendo ao número de matriculados, a este centro corresponderalle a praza fixa deste posto en canto a lei o permita.
– As escaleiras foron limpadas con maquinaria específica de CESPA por operarios da empresa concesionaria esta mesma mañá, confirmando a dirección do centro que quedaron novas.
– O rocódromo está en perfectas condicións porque foi arranxado hai máis de dúas semanas despois de recibir as queixas ao respecto.
– O Concello investiu 1.500 € en abril do 2021 para colocar 30 protexe-esquinas nas columnas do patio cuberto do CEIP Mallón, tal e como reclamaran, non tendo constancia de máis peticións ao respecto.
– Neste curso o Concello instalou tarima flotante na aula de música do CEIP Mallón, tal e como se lle pedira, cun investimento de 4.000 €.
– Cada ano o Concello colabora económicamente co intercambio de alumnado con Manchester, ademais de ofrecer a este colexio, como aos demais, actividades como bautismos de surf gratuítos, horto escolar con Somos Terra, actividades de igualdade, etc.
– En novembro de 2019 o Concello investiu 11.000 € para dotar ao colexio dun parque infantil e o ano anterior o Concello ampliou o comedor engadindo un aula anexa, mudouse a canaleta de recollida de augas e renovouse o mobiliario exterior.
“Os propios feitos falan por nós, non hai desatención algunha, é máis, mantemos moitas reunións con ANPA e dirección e o contacto telefónico é constante. Lamentamos a situación da pista que nós construímos e temos o compromiso absoluto de arranxala por parte da empresa ao ser un defecto construtivo, pero por ese problema concreto non se pode deslexitimar toda a nosa xestión neste colexio”, lamenta o alcalde.


