Plan especial de tráfico en Baiona con motivo da Festa da Bicicleta

O Concello de Baiona, a través da Xefatura da Policía Local, deseñou un plan especial de tráfico con motivo da tradicional Festa da Bicicleta o próximo martes 17 de maio, festivo autonómico, Día das Letras Galegas. Os tres concellos do Val Miñor volverán pedalear xuntos esta 32 edición recuperando o formato habitual pre-pandemia tras dous anos sen poder celebrarse conxuntamente.

A saída de Baiona realizarase a partir das 10:45 dende a entrada do Parador. A partir desta hora procederase a dar saída ao grupo de ciclistas dunha forma controlada pola PO-552 con destino ao Pavillón de Deportes de Panxón. Tras a entrega de premios farase o regreso a Baiona no mesmo xeito que a saída. Estímase que o pelotón baionés chegue á Vila en torno ás 14:00 horas. Tratarase dun corte dinámico da circulación.

As persoas participantes deberán presentarse polo menos 45 minutos antes da saída coa súa bicileta e casco (obrigatorio para participar) para poder inscribirse e recoller o seu dorsal definitivo.