O “Baidemuiñeiras” regresa á axenda cultural de Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Festival Bai de Muiñeiras.

O festival “Baidemuiñeiras” regresa á axenda cultural de Baiona tras o parón pola pandemia. O vindeiro sábado 21 de maio a Praza do Concello de Baiona acollerá ás 17:30 horas unha ruada e xa ás 18:00 horas dará comezo o espectáculo de danza tradicional. A Asociación Folclórica Vila de Baiona organiza o evento en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Baiona. Esta IX edición contará coa actuación da Asociación Cultural Xarandeira (Pontecesures), o Grupo Folclórico Ecos e Agarimos de Peitieiros (Gondomar), a Asociación Folclórica Vila de Baiona (Baiona), as Pandereteiras de Monteboi (Baiona) e a Asociación Cultural A Seneira (Baiona). En caso de choiva celebrarase no Auditorio V Centenario.