Solaina presenta o seu novo traballo “PoemarCovida”

Nun acto de homenaxe ao persoal sanitario e Protección Civil do Val Miñor, organizado polo Concello de Baiona, Solaina presentou o seu novo traballo. Trátase de seis cadros e seis poemas en formato estrela para lembrar a todas e todos os que perderon a vida e os que sofren pola perda dos seus. A escritora Soledad García, co guitarrista Pablo Prego, amenizaron todo o acto cun recital poético.

O grupo de fusión de arte do Val Miñor Solaina, composto pola escritora Soledad García, a pintora Laine Villero e a deseñadora Natalia Guisande, dan a coñecer o seu novo traballo, que xurdiu durante a pandemia e que tivo como resultado o poemario “PoemarCovida, imaxes de palabra e vida”.