A pasada fin de semana celebrouse no Auditorio Mar de Vigo o 2º Trofeo de Baile Internacional Presencial “Vigo Xacobeo 21.22”, disputado na 10ª edición do evento internacional de Disciplinas de Baile Vigo Porté. A escola Galicia en Danza de Baiona acudiu ao evento con 33 bailarinas e bailaríns de idades comprendidas entre os 8 e os 17 anos, logrando 19 premios, dous á mellor coreografía, sete primeiros, cinco segundos e cinco terceiros, ademais dunha bolsa para un curso de verán.
Cabe destacar que conseguiron galardóns en todas as disciplinas que imparten na escola (Ballet, Contemporáneo, Jazz, Hip-hop e Acro), logrando medalla todos e todas as súas participantes. Durante este curso presentáronse a diferentes competicións a nivel nacional logrando excelentes resultados en todas elas. As próximas paradas serán dous mundiais, nos que formarán parte da selección española.
Premios á mellor coreografía
- Mejor coreografía grupos Mini – Integration
- Mejor coreografía solo/dúo/trío Infantil – Unstoppable @irene_brioness
Primeiros premios
- Lírico solo/dúo/trío Mini – Fearless
- Urbano grupos Mini – Run
- Fusión solo/dúo/trío Mini – Chocolate
- Lírico grupos Mini – Integration
- Fusión grupos infantil- Kings of Birmingham
- Fusión solo/dúo/trío Infantil – Unstoppable
- Musicales grupos Infantil – Alice
Segundos premios
- Clásico grupos Mini -All I do is dream of you
- Lírico grupos Mini – The sound of silence
- Lírico solo/dúo/trío Mini – Aves enjauladas
- Clásico solo/dúo/trío Infantil – Kitri variation
- Urbano grupos Infantil – Smash up
Terceiros premios
- Lírico solo/dúo/trío Mini – Impulse
- Fusión grupos Mini – Mallorca
- Clásico solo/dúo/trío Mini – Fly me to the moon
- Lírico grupos Infantil – Timeline
- Clásico grupos Infantil – Figa
Bolsa
- Bolsa @rcpdmariemma curso de verano – @coralvazquezz_
Este ano é o 15 aniversario de Galicia en Danza e ten no seu centro a máis dun centenar de alumnas e alumnos, que se poderán ver na gala de fin de curso o próximo 19 de xuño.






