O Mercado de Arte de Sabarís reunirá 65 obras de máis de 60 artistas

O Mercado de Arte de Sabarís regresa á axenda cultural na súa XIV edición cun total de 65 obras de máis de 60 autores en exposición e venda no Multiusos de Sabarís. A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sabarís (Coemsa) e a Asociación de Empresarios do Val Miñor (Ovalmi) promoven esta cita coa arte, na que se expoñerán as obras de 45 pintores e fotógrafos que ofertarán os seus traballos, xunto con 15 escultores.

Do 13 ao 17 de maio, as persoas interesadas na exposición do Mercado de Arte poderán coñecer as obras en horario de 17:00 a 20:30 horas o venres e de 10:00 a 20:30 horas desde o sábado ata o martes. Esta edición consistirá na mostra de 50 cadros e fotografías e 15 esculturas, unha por cada artista participante. Cada obra dispoñerá dunha ficha informativa do autor e a obra (a maioría deles presentes algún día da exposición para poder charlar cos asistentes).

Ao longo de cinco xornadas poderase ver na rúa, a praza e nos soportais aos artistas pintando e esculpindo obras. Cada día programarase algunha actividade complementaria, ben no salón de actos, ben no exterior. Conferencias, proxeccións…

O obxectivo da organización é dar a coñecer aos artistas locais e novos valores emerxentes para os que aínda é difícil mostrar a súa obra en galerías comerciais. Tamén expoñerán autores xa amplamente recoñecidos no panorama da pintura galega que coa súa presenza apoian estes novos valores da arte galega.

Outro obxectivo é achegar aos veciños e veciñas estas disciplinas artísticas non habituais e que a organización considera fundamental para cultivar a sensibilidade polas artes e a beleza estética nos cidadáns. Para calquera información, inscrición, etc… poden poñerse en contacto no email coemsa2010@hotmail.com.

PROGRAMACIÓN

  • Sala CHARLARTE con pases continuos de charlas breves sobre Arte.
  • Sala CITA A CEGAS, arte interactivo con Irene Silva.
  • 10 postos de artistas na rúa traballando e vendendo as súas obras.
  • MURO ABERTO para que os visitantes (ilustradores, artistas…) deixen as súas tarxetas de contacto ilustradas coa intención coa intención de que poidan facerse publicidade.

Sábado 14 (Obradoiros para todos os públicos, de 3 a 100 anos)

  • 12:00 a 13:00, Obradoiro de PAPIROFLEXIA por Luis Jiménez González.
  • 17:00 a 19:00, Obradoiro O LAPIS ESCACHARRADO OU COMO DEBUXAR UN ANIMAL NUNCA ANTES VISTO por Mara Obispo Ríos e Luisa Martínez Lorenzo.
  • Prazas limitadas: inscripción gratuita por email a coemsa2010@hotmail.com.

Domingo 15

  • I Certame de pintura rápida o domingo 15 de maio.
  • Durante toda a xornada poderemos ver como os participantes plasman nos seus lenzos todos os recunchos de Sabarís.
  • Ás 20:30, entrega de premios do Certame.
  • 12:30 Conferencia ARTE E POLÍTICA NA OBRA PLÁSTICA DE XAIME QUESSADA, por Xesús Alonso Montero.

Martes 17

  • URBAN SKETCHERS