A Asociación Cultural e Social de Baíña celebra as Letras Galegas

A Asociación Cultural e Social de Baíña celebrará este mes a segunda edición das Letras Galegas na parroquia. O ano pasado dedicado a Xela Arias e este a Florencio Delgado Guirriarán. Farase un concurso de debuxos en colaboración co colexio público de Fontes-Baíña e un acto con música e presentación de libros. Actuará Samuel Soto coa canción dedicada ao escritor ourensán. “Estades todos convidados á festa das Letras Galegas. A nosa asociación segue a traballar en prol da lingua galega e da cultura popular. Confiemos que esta segunda edición teña o éxito da do ano pasado”, apuntan desde o colectivo.