Baiona celebra o 821 Aniversario da súa Carta Poboa cunha conferencia na Casa da Navegación

O vindeiro sábado 7 de maio é o 821 Aniversario da fundación de Baiona, da Vila Vella. Para celebralo o Concello organiza unha conferencia na Casa da Navegación ás 19:30 horas. Rosa Villar Quintero, directora da Casa, será a encargada de dar a coñecer os pormenores sobre a Carta Poboa concedida polo Rei Alfonso IX, o día 7 de maio de 1201, atopándose nas illas Cíes, concretamente na Illa de Faro, estando nunha igrexa que alí había dedicada a San Esteban e despois dedicada a frades tercerones chamándose San Esteban de Cíes.