O Dacss Surfing Contest reuniu en Nigrán a máis dun centenar de surfeiros

FOTO: DACSS // Podio Sub 16.

O pasado sábado día 30 de abril, máis dun centenar de surfeiros competiron na Praia de Patos para celebrar o “Dacss Surfing Contest”, primeiro campionato da escola Dacss e tamén a primeira proba da nova Liga Interescolas, destinada aos deportistas de iniciación, para que tomen contacto co mundo da competición e sírvalles como preámbulo para o circuíto galego.

Con esta proba o surf de Nigrán volve estar na vangarda do surf galego. Proba organizada por Dacss, Federación Galega de Surf e Concello de Nigrán. Na categoría sub 12 os resultados foron: o terceiro clasificado Hugo Prado, en segundo posto Juan Larrañaga, e en primeiro lugar Santiago Delgado. E na categoría sub 16: o terceiro posto foi para Álvaro Posada, en segundo lugar Iván Suárez, e primeiro clasificado Sergio Fernández.

FOTO: DACSS // Podio Sub 12.