O Conservatorio de Gondomar abre a inscrición para as probas de acceso ao primeiro curso

Xa está aberto o prazo de inscrición, durante todo o mes de maio, para as probas de acceso ao 1º curso no Conservatorio Elemental de Música de Gondomar para o vindeiro curso 2022/2023. Poderase escoller entre varios instrumentos como clarinete, saxofón, violín, viola, guitarra ou piano, e actividades complementarias como orquestra, coro, concertos, conferencias e moitas máis. Para máis información: 986 369 746 (mañás) ou 986 389 283 / 678 874 994 (tardes), na páxina web http://www.edu.xunta.gal/centros/cmuselementalgondomar/ ou enviando un correo electrónico a: cmus.elemental.gondomar@edu.xunta.es.