
O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, fixo entrega dunhas placas conmemorativas con motivo da xubilación de 8 empregados e empregadas públicos, funcionarios e persoal laboral, que finalizaron a súa etapa durante o ano 2020, o 2021 e este ano 2022. O acto de recoñecemento pospúxose ata que a situación sanitaria sexa a idónea para a súa celebración.
O Alcalde detívose un momento para agradecer o traballo que cada un e unha desenvolveu nestes anos á vez que lles desexou que desfruten na nova etapa de xubilación que se lles abriu na fronte. Igualmente, pediulles que sigan “colaborando e traballando activamente polo municipio”, e lembroulles que nunca perdan o “sentimento de pertenza” co Concello onde “sempre teredes as portas abertas”. “Foron moitos anos dedicados a esta casa”, sostivo o mandatario, “polo que sempre seredes recoñecidos como parte do pasado, presente, e tamén, futuro de aquí”.
As 8 persoas protagonistas do día
Entre os empregados públicos, funcionarios e laborais, que se xubilan ou se xubilaron en 2020, 2021 e 2022 figuran:
- José Carlos Vilas, operario de servizos múltiples (xubilado en 2020).
- Xosé Alfredo Pereira, condutor do camión de lixo (xubilado en 2020).
- Rafael Vilar, administrativo (xubilado en 2021).
- José Manuel Silva, operario de servizos múltiples (xubilado en 2021).
- Manuel González Alonso, operario de servizos múltiples (xubilado en 2021).
- Pedro Alonso, Inspector Xefe da Policía Local de Baiona (xubilado en 2021).
- Concepción (Nini) Vilar, adxunta a Intervención (xubilada en 2022).
- José Ramón Giráldez, Policía Local (xubilado en 2022).