O naturalista Joaquín Araújo presenta en Gondomar o seu libro “Somos agua que piensa”

O xoves, 28 de abril ás 20:00 horas, no Instituto de Estudos Miñoráns (IEM), na Avda. da Feira, 10, baixo, en Gondomar, Joaquín Araújo presentará o seu novo libro “Somos agua que piensa”. Acompañará ao autor o director do IEM, Juan Hermida.

Joaquín Araújo é un polifacético naturalista con máis de 50 anos de traxectoria no estudo e divulgación do medio ambiente. Guionista e director de numerosas series documentais, colaborador asiduo en medios radiofónicos e de televisión, conferenciante e agricultor.

Foi o único español en recibir en dúas ocasións o Premio Nacional de Medio Ambiente e recibiu tamén o Premio Global 500 da ONU. Como escritor, Joaquín Araújo colabora con diversos blogs e é columnista de varios diarios. Ten publicados 114 libros, todos eles dedicados á Natureza.

Joaquín Araújo colaborou con naturalistas tan prestixiosos como Félix Rodríguez de la Fuente na súa serie documental “El hombre y la Tierra” ou na enciclopedia SALVAT de FAUNA.