O PP de Baiona pon de manifesto unha vez máis “a política de deixamento e pasotismo que practica o tripartito de Baiona” denunciando o estado de abandono das parroquias “ás que este goberno local ignora desde fai tres anos”. Unha actitude segundo os populares que supón unha evidente “discriminación” dos veciños que non residen no centro de Baiona “aos que o alcalde, Carlos Gómez, e o seu equipo, consideran cidadáns de segunda”. “Isto, a pesar de que todos eles pagan relixiosamente os seus impostos e a gran masa poboacional do municipio habita nas cinco parroquias”.
Precisamente, veciños do rural puxéronse en contacto cos concelleiros do grupo municipal popular para trasladar as súas queixas pola imaxe “penosa” que traslada a contorna natural de Baiona durante todo o ano e tamén esta semana Santa. “A falta de previsión do tripartito e o escaso interese polas cuestións que preocupan aos baioneses quedou patente na retina de quen aproveitou estes días festivos para gozar da natureza e das paraxes idílicos da localidade, que se atoparon as sendas repletas de maleza, silvas que cobren os paseos fluviais e os ríos, sucidade por todas as partes e o mobiliario público atópase sen mantemento ata o punto de que algunhas das áreas de lecer familiar están inutilizables”.
Os populares lamentan que este tripartito que se autodenomina progresista non desista en priorizar a súa política de cadeiras de brazos e soldos fronte ás necesidades dos baioneses que cada día ven como os servizos públicos polos que pagan e aos que teñen dereito por lei son de peor calidade e, nalgúns casos, desapareceron.


