Gondomar pon en marcha unha nova edición do “Gondoverán”

O Concello de Gondomar abre o prazo de solicitudes para unha nova edición do seu programa de lecer activo “Gondoverán”. Destinado a nenas e nenos de 3 a 12 anos de idade, este programa combina o xogo con actividades creativas, culturais e de coñecemento do entorno próximo. Este xoves 21 de abril se abre o prazo de presentación de solicitudes que rematará o día 2 de maio.

Os beneficiarios de este programa deberán cumprir unha serie de requisitos entre os que se atopan; estar empadroado/a no Concello de Gondomar, ter nacido entre os anos 2009 e 2019, e que os seus dous proxenitores ou titores sexan traballadores en activo.

O rexedor local destaca que “este programa ademais de facilitar que os nenos e nenas de Gondomar sigan en contacto cos seus amigos e compañeiros e continúen a súa formación a través do xogo na época estival, tamén é unha ferramenta moi importante para que pais e nais poidan seguir desenvolvendo a súa vida laboral con normalidade”.