Borreiros homenaxea ao seu carteiro

A Asociación de Veciños San Martiño de Borreiros vai realizar unha homenaxe a Latino Rodríguez Areal, o carteiro desta parroquia, polos seus 39 anos dedicados a esta profesión co motivo da súa xubilación. Comezou a traballar en Correos no 1983, e seu pai foi carteiro eventualmente na parroquia. O acto celebrarase o día 23 de abril ás 19:00 no salón de actos do centro cultural.