
Un grupo de vigueses, que coñeceron a existencia dos Bancos de Alimentos estendidos por todos os continentes, levaron a cabo o máis difícil: iniciar a súa actividade benéfica na cidade de Vigo. Aqueles primeiros voluntarios destacaron pola súa entrega, emotividade e logros. Un deles fíxoo unha parte importante da súa vida, Tito Badía.
Ligado ao mundo industrial-comercial a través da extinta conserveira Alfageme, achegou a súa experiencia ao Banco á vez que atraía a novos voluntarios co seu poder de persuasión. O seu traballo incansable desde 1995 non se traduciu en actitudes de éxito inmediato, aínda que a súa humildade, sinxeleza e bo facer prenderon aos poucos entre os seus compañeiros, entre o seu tímido sorriso e o ansia de que o Banco se achegase máis ás persoas necesitadas.
Monitorou as nosas Operacións Quilo nos diferentes centros comerciais. Atendeu as relacións con outras ONG da cidade. O seu exemplo guiou os actos diarios do Banco, resaltando aqueles que debiamos executar as persoas que nalgún momento compartimos o labor directivo.
A Federación Española de Bancos de Alimentos concedeulle a insignia de ouro, máxima distinción para un voluntario.
Os que convivimos contigo, todo o que che tratara, xamais che esquecerá, sobre todo, pola densidade espiritual dun ser exemplar.
Pedro Pereira, ex presidente