A Policía Nacional estivo presente no evento deportivo Vig-Bay, con saída en Vigo, pasando por Nigrán, e finalización en Baiona, o día 10 de abril de 2022.
Despois de tres anos desde a súa última edición, a carreira Vig-Bay volveu celebrarse e a congregar a aproximadamente a máis de 6.600 participantes entre as tres modalidades, como son a maratón (42 Km), media maratón (21 Km) e a minibay (proba adaptada aos máis pequenos), baténdose nesta edición unha cifra record de corredores.
Para iso estableceuse un dispositivo de seguridade conformado por axentes, pertencentes a distintas Brigadas, como Seguridade Cidadá, Información, Policía Científica, Unidade de Intervención Policial, Guías Caninos, Subsolo, Medios Aéreos, etc.., cuxo obxectivo era garantir tanto a seguridade dos participantes como aos asistentes ao evento deportivo.
Tamén se estableceu un stand no recinto que se adaptou para a chegada na vila de Baiona, onde se repartiu merchandising (como adhesivos, carnés policiais infantís, bolígrafos, etc..) aos máis pequenos e tamén aos maiores que se achegaban ao lugar para presenciar o gran evento deportivo.
A Delegación de Participación Cidadá, repartiu material de diversas campañas de prevención, entre as que destaca a utilización da internet para adolescentes, prevención de roubos e consellos de seguridade para o turista, incluídos os que realizan o Camiño de Santiago, ou consellos do Plan Maior de Seguridade.
É por iso, que se continua asumindo o compromiso de achegar a Policía ao cidadán, e de que este se implique igualmente na seguridade, ademais de mostrar e difundir o labor que realiza a Policía Nacional entre os diversos colectivos da sociedade, explicando os proxectos que levan cabo.
Pero sen ningunha dúbida, o que máis gustou a pequenos e maiores foi a presenza dos axentes caninos, a experiencia de poder subir a unha moto policial para facerse unha foto, ou coñecer o interior dun vehículo policial intelixente “iZETA”, tratándose do vehículo patrulla equipado coa máis avanzada tecnoloxía de comunicación e gravación de imaxes, que permiten o intercambio de información mediante a recepción en tempo real de mensaxes, fotografías e vídeos, así como a conexión con bases de datos policiais, onde se permite o recoñecemento de 40 matrículas por minuto, incluso un lector de pegadas, para a identificación in situ de persoas.
Outro dos servizos policiais que esperta a atención e admiración do público en xeral, é a Policía Científica, que con presenza na caseta policial, toma as impresións dixitais de nenos e adultos, entrega carnés coa pegada impresa.


