
Dúas mulleres que foran diagnosticadas por coronavirus faleceron este venres na Residencia Vila do Conde de Gondomar. Segundo informou a Consellería de Sanidade, trátase de dúas usuarias, de 97 e 82 anos respectivamente, que presentaban patoloxías previas. Súmanse ás outras dúas que faleceron o domingo no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e ás dúas que morreron este mesmo xoves tamén no propio centro. No día de hoxe faleceron un total de 10 persoas con Covid-19. Ademais das dúas usuarias do centro de maiores de Vilaza, morreron un home de 87 anos e dúas mulleres, de 88 e de 65 anos, no Chuac, unha muller de 94 anos no Chuo, un home de 89 anos no Chuvi (procedente da Residencia Doral de Mos), unha muller de 94 anos no Centro Integrado CEGADI (procedente da Vivenda Comunitaria de Castrelo de Miño), unha muller de 97 anos no Centro Integrado Boullosa Pardo de Vera de Vigo (procedente da Residencia CRAPD de Vigo II) e un home de 60 anos no Chop.