Gondomar inicia a Semana Santa coa Procesión da Borriquiña

Gondomar abriu este domingo a programación de actos e cultos relixiosos da Semana Santa coa celebración da Procesión da Borriquiña, que por cuarto ano e tras dous de parón pola pandemia, contou cun burro vivo. Tras a bendición de Ramos e Palmas no parque infantil situado tras a Igrexa Parroquial de San Bieito, coa asistencia de decenas de fieis, comezou o percorrido ata o Templo, onde se celebrou a Misa da Paixón do Señor.

A programación continuará o mércores coa Celebración Penitencial e Eucaristía. Xa o xoves, tras a Celebración da Cea do Señor, terá lugar a Procesión dos Catro Pasos, e o venres a da Esperanza, ao finalizar a Celebración da Morte do Señor. O sábado celebrarase a Solemne Vixilia Pascual, e o domingo a Misa de Pascua e a Procesión do Encontro.

Domingo de Ramos, 10 de abril

12:20 h. Bendición de Ramos no parque infantil e procesión da “Borriquiña”.
12:30 h. Misa da Paixón do Señor.
20:30 h. Bendición de Ramos e Misa da Paixón do Señor.

Martes Santo, 13 de abril

20:30 h. Celebración Penitencial e Eucaristía.

Xoves Santo, 14 de abril

20:30 h. Celebración da Cea do Señor. Liturxia da Palabra, Lavatorio de pés, Memorial da Última Cea, Comuñón e Reserva Eucarística.
21:30 h. Procesión Penitencial dos Catro Pasos. Rúas Párroco Carlos Fernández, San Bieito, Eduardo Iglesias, Ángel Urzáiz, Párroco Mariño, Manuel Losada, Párroco Carlos Fernández e Igrexa Parroquial.
22:30 h. Hora Santa e Vía Crucis. Quenda da Adoración Eucarística da ANFE.

Venres Santo, 15 de abril

9:30 h. Laudes e Meditación das “Sete Palabras de Xesús”.
12:00 h. Vía Crucis polo exterior do templo parroquial.
20:30 h. Celebración da Morte do Señor. Lectura da Paixón, Solemne Oración de Fieis, Adoración da Cruz, Comuñón.
21:15 h. Procesión da Esperanza. Rúas Párroco Carlos Fernández, San Bieito, Cruz de Mera, Manuel Losada e de novo Párroco Carlos Fernández e Igrexa Parroquial.

Sábado, 16 de abril

9:30 h. Laudes e Meditación con María.
22:00 h. Solemne Vixilia Pascual. Bendición do lume e da auga, Lectura dos grandes feitos da nosa Historia da Salvación, Renovación das promesas bautismais, Eucaristía de Pascua.

Domingo de Pascua, 17 de abril

12:30 h. Misa Solemne de Pascua, seguida da Procesión do Encontro e a Bendición Pascual á urbe.
20:30 h. Misa de Pascua.