Nigrán contrata a dúas técnicas de turismo a través da Deputación de Pontevedra

O Concello de Nigrán vén de contratar durante os vindeiros 6 meses a dúas técnicas de turismo a través dunha subvención solicitada á Deputación de Pontevedra de 13.900 €. Esta axuda permite manter xa aberta a oficina de Panxón (adherida á Rede de Oficinas de Turismo INFO RÍAS BAIXAS) actualmente cun horario de luns a sábado de 9:30 a 17:30 e os domingos de 10:00 a 14:00. Alí desenvolverán as labores propias do seu traballo como informadoras cara ao público.

“Estamos moi satisfeitos porque deste xeito xa garantimos a prestación do servizo durante a Semana Santa, tempada alta en canto á recepción de turistas na localidade, e, ao mesmo tempo, xa está resolta tamén a atención ao completo durante o verán”, destaca o alcalde, Juan González.