Este venres 8 de abril ás 19:00 horas terá lugar no Auditorio Lois Tobío de Gondomar o concerto da guitarrista Yaiza Comesaña, no que interpretará obras de S. L. Weiss e M. Ponce. A artista comezou a súa formación no Conservatorio Elemental de Gondomar, e ao longo da súa carreira traballou con diferentes mestres como Eneas Freire, Antonio Rocha ou Margarita Escarpa. Na actualidade continúa ampliando os seus estudos na Luca School of Arts de Bélxica no que realiza o mestrado en guitarra clásica da man de Raphaella Smits e João Carlos Victor. Entrada de balde ata completar aforo.
Artículos relacionados
Acción solidaria de Gadis a favor da protectora de animais Bai.senpulgas
Supermercados Gadis puxo en marcha a campaña solidaria “Alimenta a amizade”, que ten como obxectivo cooperar con 33 asociacións protectoras de animais de Galicia e Castela e León, entre elas a miñorana Bai.senpulgas. Ata o […]
O espectáculo “Carlos Casares con maxia e música” chega a Baiona
Martín Camiña e Álvaro Muras ofrecerán este luns día 15 de maio ás 18:00 horas unha actuación de maxia e música na Biblioteca Pública Municipal de Baiona dedicada a Carlos Casares. Un percorrido guionizado sobre […]
Gondomar celebra as súas festas patronais de San Bieito
Entre os días 9 e 12 de xullo Gondomar renderá homenaxe ao seu patrón San Bieito cun programa deseñado para a ocasión no que xunto aos actos litúrxicos e as tradicións, non faltará a música […]