
O PP de Baiona propón ao goberno local que o pobo de Baiona, a través dos seus representantes políticos no consistorio, realice unha homenaxe permanente ao coñecido Pepe Costas, falecido fai cinco meses, coa colocación dunha placa no lugar onde sempre lle gustaba pasear e descansar mentres observaba a vida da súa querida Baiona: o Paseo de Alfonso IX. Os populares consideran que é deber do municipio e dos seus gobernantes lembrarlle para que as xeracións vindeiras coñezan quen foi Pepe, como se lle coñecía popularmente no municipio, e tamén como recoñecemento á súa dedicación e ao seu amor pola súa querida Baiona natal.
Desde a súa morte, fai agora cinco meses, numerosos veciños trasladaron ao grupo municipal popular a demanda de levar a cabo algún tipo de distinción que permanecese no tempo e á vista da cidadanía e, a xuízo dos populares, non hai mellor lugar que a rúa, onde el relacionábase cos seus veciños, transmitía a historia, a cultura e a tradición aos turistas e, onde durante tantos anos, puxo voz aos eventos públicos e privados que se organizaban. Tamén, consideran desde o PP, para responder canto antes a este sentir veciñal, esta homenaxe debería de facerse coincidindo co sexto mes desde o seu falecemento que se cumpre en maio. “É un sentir veciñal desde que faleceu que se lle faga algún tipo de homenaxe que perdure no tempo a través dunha placa co seu nome e unha breve descrición da súa persoa”, demandan desde o PP.
Os populares rexistraron telemáticamente este luns unha moción na que se recolle esta iniciativa que esperan conte coa aceptación e apoio de todos os partidos políticos que compoñen a corporación para que esta homenaxe chegue en poucas semanas como demandan os veciños de Baiona.
Costas foi un referente da comunicación e un apaixonado da terra que lle viu nacer, Baiona, á que dedicou gran parte da súa traxectoria profesional. Alma das festas miñoranas como speaker en practicamente todos os eventos deportivos, culturais e festivos, embaixador da historia, da tradición e do sentir de Baiona profesionalmente, pero tamén en innumerables ocasións de forma altruísta, merécese, a xuízo do grupo municipal popular, unha consideración desde o agarimo e o respecto que lle tiñan os seus veciños.