Nigrán premia a 40 deportistas e clubs

O Concello de Nigrán recuperou este domingo a súa Gala do Deporte despois de que a pandemia a deixase sen celebrar desde 2019. O obxectivo deste evento foi recoñecer publicamente o bo traballo de 40 deportistas e clubs de todo o municipio que son referente en diferentes disciplinas. Un evento aberto ao público e que incluíu unha exhibición do Acro Club Nigrán, unha especialidade deportiva moi espectacular.

Mellores deportistas masculinos:

  • JONATAN GIRÁLDEZ (1º adestrador do FC Barcelona Feminino 2021-2022 e campión de liga 2020 e 21, copa 2020 e 21, supercopa 2020, liga de Campións 2021).
  • GONY ZUBIZARRETA, deu o salto ao circuíto mundial de surf con 18 anos e acadou os títulos mundiais: ISA Grommets e Aloha Cup, WQS de Zarautz, Caparica e Algarve e Campión en dúas ocasións da Liga MEO Surf en Portugal.

Mellor deportista feminina:

  • EQUIPO FEMININO DE PETANCA DE BOLOS DA CARRASCA. Campioas Liga Xunta de Galicia, Campioas Fase Previa Campionato de España e Tripletas e Campioas Fase Previa ao Campionato de España, modalidade dupletas e individual.

Mellor deportista revelación feminina:

  • AINHOA REPARAZ, Campioa de España de 200 sub 18 pista cuberta en Barcelona; segunda no Campionato de España por autonomías en 100 en Granollers, terceira no Campionato de España sub 18 ao aire libre en Huelva e bateu os récords galegos de 60 e 200 en pista cuberta sub 18 e 100 e 200 ao aire libre.

Mellor deportista revelación masculino:

  • ANXO CARRIL, no ano 2020 Campión Galego Júnior de Ciclocrós, en 2021, Subcampión Galego Sub23 Ciclocrós, gañador do Ciclocrós Borja Gómez Méndez en Ponteareas.

Mellor deportista deporte inclusivo masculino:

  • AGUSTÍN ALEJOS, xogador do Ibercomsa Amfiv, internacional absoluto, medalla de prata en Río 2016 e máximo anotador na Copa do Rei 2020.

Mellor deportista deporte inclusivo feminina:

  • UXÍA CHAMORRO, debut co primeiro equipo do Ibercomsa Amfiv na presente tempada e convocada a concentracións da selección absoluta en 2021.

Mellores eventos do 2021:

  • Campionato de España de Surf Adaptado (Patos)
  • Campionato de España de Petanca (A Carrasca e Lourido)

Mellor club ou entidade deportiva:

  • Federación Galega de Bolos Celta

Patrocinio e colaboración co deporte:

  • NASAS pola súa colaboración e patrocinio do Campionato de España de Petanca e o patrocinio do Asociación Deportiva Priegue Veteranos.

Traxectoria deportiva:

  • Eduardo Simoes, Utillero e mantenedor do Campo de Fútbol do Vilariño nos últimos 30 anos.
  • Suso Rodríguez Pérez, toda unha vida dedicada á promoción e posta en valor dos Bolos Celta.

MENCIÓNS POR DEPORTES

  • Atletismo feminino: NAYR CORTEGOSO. Dobre medallista de bronce no Campionato de España por Autonomías sub 16 (bronce en lonxitude e bronce coa selección galega no 4×100) en Cuenca. Campioa galega en lonxitude sub 16. Mellor marca galega sub 16 en lonxitude no 2021 (5.35) e Subcampioa galega sub 16 en lonxitude en pista cuberta.
  • Atletismo masculino: RICARDO CORTIZO. Vencedor da V Xornada das Series Municipais de Vigo en 60 e 400, 2º na serie 2 do Meeting de Braga en 400, 3º no Meeting Ourense Termal Athletics, 5º no Campionato de Galicia de inverno en 400 sub 23 e 6 no Campionato de Galicia sub 23 en 400.
  • Baloncesto feminino: TANIA GALLEGO GARCÍA
  • Baloncesto masculino: EQUIPO JÚNIOR MASCULINO CB NIGRÁN
  • Bolos Celtas: SERGIO FERNÁNDEZ DA ROCHA
  • Columbofilia: JOSE MANUEL MACIEL COMESAÑA
  • Fútbol feminino: SANDRA SEIJO HERMIDA
  • Fútbol masculino: MIKI VILLAR. En xuño de 2021 asinou un contrato de dous anos coa UD Ibiza, que viña de ascender por primeira vez na súa historia á Segunda División. Debutou na categoría de prata na primeira xornada da tempada 2021/22, contra o Zaragoza na Romareda e marcou o seu primeiro gol na xornada 15, contra a Real Sociedad B en Anoeta, dándolle a vitoria ao seu equipo por 0-1.
  • Loita: DONÍS FERNÁNDEZ CHAMORRO, Subcampión de España en 2021 de loita libre olímpica categoría 41kg e medalla de bronce no recente Campionato de España.
  • Natación: ZAIRA VILA CONDE, no campionato galego alevín de inverno, quedou ouro en 400 estilos e 200 braza, e bronce en 200 estilos.
  • Pádel: EQUIPO FEMININO URECA. Único equipo feminino de Nigrán en primeira división galega de pádel e leva desde 2016 en primeira.
  • Patinaxe feminino: SARA MARTÍNEZ
  • Patinaxe masculino: ARTURO MANZANARES
  • Petanca feminino: AMELIA VALVERDE, Campioa Galega en tripletas, dupletas, Campioa de liga, 5ª nun Campionato de España. Coa selección: Subcampioa de España primeira categoría, conseguindo ascenso a división de honra na liga de comunidades e como técnica: campioa de España en 1ª categoría.
  • Petanca masculino: ELADIO ARAUJO. Campión Galego Segunda Categoría, 3º na Liga Xunta de Galicia primeira Categoría e participación no Campionato de España 2022.
  • Surf: ESPERANZA BARRERAS. Campioa do Mundo de Stand Up Paddle (SUP) e Paddleboard en El Salvador.
  • Tenis feminino: CLEMEN ABALDE COMESAÑA
  • Tenis masculino: GONZALO MEIJIDE FRAGA
  • Tiro: SATURNINO PEREIRA VIDAL, TUNO.
  • Tiro con Arco: MIGUEL ÁNGEL RODRÍGUEZ ÁLVAREZ, 2019-Subcampión Campionato Galego Aire Libre. Lalín. 2020-Campión II Torneo Eliminatorias Torre de Hércules “Fernando Bardanca”. 2021-Campión Liga Ibérica de Tiro con Arco e 2022-Bronce Campionato Galego por equipos.
  • Xadrez: MAURO SANROMÁN MISA, 3º clasificado no Campionato Galego sub 18 de xadrez. LAROCA A. BREIXO ÁLVAREZ DOMÍNGUEZ, ARTAI BRINGAS GÓMEZ, CONSTANTINO GONZÁLEZ LEVICES, FRANCISCO REGO LORENZO E RICARDO FERNÁNDEZ LÓPEZ. Copa Galicia 2020: Cuarta posición de 37 equipos de toda Galicia e na tempada 2020 conseguiu o ascenso a máxima categoría do xadrez galego, a División de Honra.
  • Ximnasia Acrobática: TRÍO INFANTIL FEMININO (Marta, Blanca, Tania). Primeira posición no Campionato Galego elite 2021 e décimo segunda posición no Campionato de España elite 2021.

As cinco mencións especiais foron á Asociación Arxentina de Bolos Celta, disciplina que foi levada alí polos emigrantes miñoranos e que mantén un contacto estreito cos clubs da comarca; a Patos Surf Club, entidade veterana na práctica deste deporte en Nigrán e que cumpre 30 anos; aos afeccionados de fútbol praia en Praia América que desde hai máis de 30 anos se reúnen neste areal os domingos para xogar; ao atleta lucense Adrián Ben que veranea desde neno no Cámping Praia América e que se clasificou como finalista mundial e olímpico en 800 metros, e a Joaquín Chamorro de Kin Car, escuadra de autocrós que o galardoado creou despois de ser nos anos anteriores un dos pilotos máis laureados do panorama nacional nesta disciplina.

“Unha Gala na que homenaxeamos aos nosos deportistas e clubs e darlles a visibilidade que merecen, xa que moitos deles practican disciplinas moi pouco recoñecidas, ademais de existir unha fenda de xénero cando se trata de mulleres deportistas”, resume o alcalde, Juan González.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.