AFAGA Alzhéimer organiza un concurso de relatos curtos

AFAGA Alzhéimer abre o prazo para participar no certame de relatos curtos sobre Alzhéimer e outras demencias “Nun recuncho da memoria”. O tema desta edición é “O Edadismo e as persoas con demencia”. O Edadismo, ou a discriminación por idade, crea estereotipos e prexuízos que prexudican as persoas con enfermidades neurodexenerativas como o alzhéimer. A través de este certame se intenta dar visibilidade a este problema para concienciar á sociedade e impulsar a busca de solucións de cara ao futuro.

O prazo de recepción de manuscritos estará aberto do 04 de abril ao 17 de maio de 2022 nas categorías de galego e castelán. Os premios para ambas categorías serán un eBook ou un dispositivo dixital análogo para os gañadores.

Nesta oitava edición pode presentar os seus traballos toda persoa maior de 16 anos, sensibilizada con esta doenza ou que lle apeteza escribir e encontre no envellecemento ou as enfermidades neurodexenerativas a súa fonte de inspiración.

Se poden consultar as bases do concurso na páxina web da asociación (www.afaga.com).