Solaina presenta o seu novo traballo “Un paseo por Nigrán (costa)” cunha sorpresa

Solaina é un grupo de fusión de arte composto pola escritora e poeta Soledad García, a ilustradora Laine Villero e a deseñadora gráfica Natalia Guisande. O mércores celebraban o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil coas nenas e nenos dos colexios de Nigrán, Dunas de Gaifar e Galiña Azul.

Hoxe venres ás 18:00 horas presentarán no Auditorio Municipal de Nigrán o conto guía “Un paseo por Nigrán (costa)” para nenas e nenos de 7 a 100 anos.

A escritora Soledad García, que vén de gañar o XIX Certame de Relato de Mugardos, anticipa que teñen preparado unha sorpresa para o Concello de Nigrán, que será de gran valor para toda a xente de Nigrán e os que queiran unirse.