Sin categoría

Charla sobre a subida da tarifa da luz en Chandebrito

A Asociación Veciñal e Cultural Chandebrito 1807 organiza para o vindeiro venres día 1 de abril ás 20:00 horas na antiga escola infantil de Chandebrito (Rúa da Igrexa núm. 2) unha charla – coloquio sobre o mercado enerxético e a subida das tarifas da luz. Falará Xose Luis Outes Ruso, catedrático xubilado de Ciencias Económicas e Empresariais.