Sin categoría

La corporación de Nigrán respalda de manera unánime el derecho de autodeterminación del pueblo saharaui

La unanimidad de la corporación del Ayuntamiento de Nigrán aprobó una moción de urgencia del gobierno local en defensa del derecho de autodeterminación del pueblo saharaui y de rechazo del giro en este asunto de política exterior por parte del gobierno de España, siendo el primer municipio de Galicia en hacerlo.

“Somos un gobierno que siempre pone por encima de todo las personas y, obviamente, también lo hacemos en este caso. No podemos abandonar a los saharauis por cuestiones de interés geopolítico, España tiene un compromiso y una deuda ineludible con ellos. Confiamos en que el gobierno reflexione y que escuche el sentimiento de toda la ciudadanía al respecto”, defiende Juan González, alcalde y presidente del Fondo Gallego de Cooperación y Solidaridad, entidad que ha pronunciado una declaración institucional en la misma línea y que, precisamente, promueve que los diferentes municipios de Galicia aprueben esta misma iniciativa.

MOCIÓN SOBRE O SÁHARA

“Despois de avalar durante décadas o referendo de autodeterminación no Sáhara Occidental como vía para dirimir as reclamacións de Marrocos sobre este territorio, o Goberno Español vén de oficializar un cambio de postura que avoga por converter a República Árabe Saharauí Democrática (RASD) -recoñecida por máis de 80 países- nunha rexión autónoma do reino alauita, pregándose así ás súas demandas e obviando a solución auspiciada por Nacións Unidas.

O Estado Español ten unha responsabilidade ineludible co pobo saharauí tras un pésimo proceso de descolonización que a partir de 1975 facilitou a ocupación do territorio por parte de Marrocos e obrigou á poboación local a fuxir cara Alxeria, onde hoxe máis de 170.000 persoas subsisten como refuxiadas grazas á axuda humanitaria nos campamentos de Tindouf, no canto de vivir dos recursos naturais que tiñan nas súas terras. Mentres tanto, o 80% da que fora a provincia número 53 de España segue invadido por Marrocos, separado por un muro de máis de 2.700 das zonas liberadas pola Fronte Polisario, muro no que desde novembro de 2020 continúa o enfrontamento armado. Nos territorios ocupados, a violación dos dereitos humanos é continua, tal e como denuncian organizacións especializadas pese ao “apagón informativo” que impide acceder e reportar con liberdade deste estes lugares.

Ante esta situación, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade denuncia que os intereses económicos e xeopolíticos non poden estar por enriba do compromiso adquirido co pobo saharauí, ao que o Estado Español non pode abandonar, unha vez máis, á súa sorte. Especialmente, tendo en conta o movemento solidario e a vontade expresada pola sociedade civil en Galicia e noutras comunidades autónomas, que empatizan cunha poboación que ten o castelán como segundo idioma, entre outros moitos nexos de unión.

Por todo o exposto, o Concello de Nigrán acordou:

1. Amosar o seu respaldo ao Goberno da RASD e ao pobo saharauí, na defensa dunha saída dialogada ao conflito que supoña a posta en práctica do Plan de Arranxo subscrito en 1991 con mediación da ONU e da Organización para a Unidade Africana.

2. Instar ao Goberno Español a dar marcha atrás no seu recente cambio de postura e avalar o referendo de autodeterminación acordado por ambas as dúas partes, deixando de lado a pasividade no proceso para dar paso a unha aposta decidida por esta solución.

3. Reclamar o cesamento inmediato da violencia e da vulneración dos dereitos humanos que se produce nas zonas ocupadas, instando ás institucións internacionais a que adopten medidas fronte a impunidade coa que Marrocos continúa actuando no Sáhara Occidental.

4. Dar traslado deste acordo ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.