Sin categoría

Concerto de Javier Ojeda no Auditorio de Nigrán

O Concello de Nigrán despide o mes de marzo cun concerto este xoves día 31 ás 20:30 horas no Auditorio Municipal de Javier Ojea (Danza Invisible). De todos é coñecido o incrible bagaxe musical de Javier Ojeda, con máis de 1.700 concertos ás súas costas nos máis variados formatos, incluíndo por suposto a súa banda de toda a vida, os míticos Danza Invisible, que este ano pasado ten celebrado o seu 35º aniversario sobre as táboas. O caudal expresivo de Ojeda non se queda aí, nin moito menos, e dende o cambio de século leva alternando as actuacións ao fronte de Danza Invisible cun aluvión de proxectos, do cal a súa banda eléctrica é sen dúbida o máis querido.