Sin categoría

Tres derrotas e unha vitoria para o Laroca na quinta xornada da liga galega de xadrez

Na quinta xornada da liga galega de xadrez, o club de xadrez Laroca de Nigrán conseguiu unha vitoria nos catro encontros que disputou.

Na máxima categoría do xadrez galego, derrota do Laroca A no seu desprazamento a Santiago de Compostela por 4,5 a 1,5 ante o Algalia. Os tantos miñoráns foron conseguidos grazas ás táboas de Tino no primeiro taboleiro e a vitoria de Fran no terceiro taboleiro.

Este sábado disputarase a sexta xornada e os laroqueiros enfróntanse ao segundo clasificado, o xadrez Verín, que conta na súas filas con varios grandes mestres como David Lariño, o cubano Martínez Duany Lelys Standleyou, o portugués Luis Galegos, ou mestres fide coma Medarde Santiago.

Na segunda división os dous encontros remataron con derrotas. O Laroca B perdía en Nigrán ante o club xadrez Mos B por 0-4, mentres que o Laroca C sufría a derrota ante o xadrez Albatros B por 1-3, tanto conseguido por Dani Vaz. Este sábado o Laroca B desprázase a Mos para enfrontarse ao Mos B, líder da clasificación, mentres que o equipo do Laroca C descansa.

Na terceira división produciuse a única vitoria laroqueira nesta xornada. O Laroca D impúxose no desprazamento a Ponteareas ao Xadrez Ramiro Sabell IES Val do Tea por 1-3, tantos conseguidos por César, Ana e Jorge. Este sábado enfrontarase ao xadrez Ramiro Sabell Centro Artístico Sportivo, que ocupa o primeiro lugar da clasificación.