O autobús de “Coidados porta a porta” chegará a Baiona a próxima semana

A Consellería de Política Social estenderá ao municipio de Baiona o programa “Coidados porta a porta”, que ofrece coidados médicos gratuítos a maiores de 55 anos nas áreas rurais. O goberno local, a través da Concellería de Servizos Sociais, solicitara á Xunta este servizo, que se presta mediante unidades móbiles que realizan visitas de varios días aos municipios rurais. Nestes vehículos ofrécense servizos de oftalmoloxía, audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria ás persoas que non teñen facilidades para acceder a estas prestacións.

Unha unidade móbil deste servizo visitará o municipio os próximos días 30 e 31 de marzo, e o 1 de abril, na Avenida Arquitecto Jesús Valverde (entrada do Parador de Baiona). Para máis información e cita previa no teléfono 622748283 ou no email coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.