
A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Baiona realizou a substitución e a reparación das máquinas e aparellos que sufriran danos destinados á actividade física ao aire libre no parque biosaudable que está situado encima do aparcadoiro municipal do Aral. Coa reparación destas de máquinas e aparellos de ximnasia ao aire libre, agora coa chegada da primavera, os veciños poderán facer mellor uso deste parque ao ter un mellor aspecto e estar reparadas todas as maquinarias.